Poeta, narrador e artista. É xornalista e coordinador da «Revista das Letras» e da sección «Maré» do xornal Galicia Hoxe.
A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra supón a súa terceira aproximación biográfica a un escritor galego: en 1992, publicou a Fotobiografía de Fermín Bouza Brey e, en 2004, en Editorial Galaxia, As tres mortes de Lorenzo Varela. Antón Lopo deuse a coñecer como poeta con Sucios e desexados (1988), Manual de masoquistas (1991) ou Fálame (2003); tamén é autor das novelas As reliquias (1991) e Ganga (2001).
En 2010 recibiu o Premio García Barros pola novela Obediencia.