Un libro que aborda todas as épocas da vida deste xornalista e poeta galego, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2001.
A vida de Eladio Rodríguez González presenta de xeito claro, ameno e completo a biografía do intelectual homenaxeado co Día das Letras Galegas do ano 2001. Abórdase neste libro dende a súa infancia nas terras do Ribeiro, onde naceu no ano 1864, ata a súa morte na Coruña en 1949. Trázase o seu pensamento de fonda raíz patriótica, patente no seu labor a prol da cultura galega no seo das Irmandades da Fala ou da Real Academia Galega, da que foi presidente entre 1926 e 1934. Desde a nosa prespectiva actual, o compromiso de Eladio Rodríguez González co seu país parece culminar nunha obra na que traballou durante toda a súa vida e que segue sendo un monumento único da lexicografía galega: os tres volumes do Diccionario enciclopédico gallego-castellano, publicado postumamente por Editorial Galaxia.

Maestro, escritor e animador á lectura. Nace o 27 de decembro de 1946 en Santiago de Compostela .
Colaborador de distintas revistas e xornais como: El Correo Gallego, Revista Galega de educación, Fadamorgana, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Tabeirós Terra.