Chano é un rapaz con cuadrilla que voa por cen espazos en mil tempos tan certos como incertos.
Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas diante dos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os días transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares. Chano, tratando de explicar a realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira.
Maestro, escritor e animador á lectura. Nace o 27 de decembro de 1946 en Santiago de Compostela .
Colaborador de distintas revistas e xornais como: El Correo Gallego, Revista Galega de educación, Fadamorgana, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Tabeirós Terra.