Un relato que conta a fantástica viaxe ó arco da vella que Verdello e Maraña fan en procura da chave de ouro
Ningún dos dous rapaces protagonistas desta fermosa viaxe saben para que serve a desexada chave, pero a súa propia búsqueda é xa de seu unha arrequecedora experiencia. No seu periplo polo País das Fadas, Verdello e Maraña atoparán lugares e persoas extraordinarias e todas as súas peripecias se verán tinxidas polo halo do marabilloso. J.R.R. Tolkien ten declarado que recoñece en A chave de ouro o máis directo precedente da súa famosa novela O señor dos aneis.
George MacDonald (1824-1903) foi un escritor nacido en Escocia. Era fillo duns labregos moi modestos, pero conseguiu estudiar na Universidade de Aberdeen e facerse pastor protestante. Durante varios anos traballou como predicador e profesor particular ata que en 1859 se estableceu en Londres, cidade na que recibiu a axuda dun grupo de amigos entre os que se atopaba Lewis Carroll, o autor de Alicia no País das Marabillas. Xa convertido en profesor de literatura na Universidade de Londres, MacDonald dedicou os seus esforzos literarios a revivir as vellas tradicións dos contos de fadas, escribindo historias como A princesa lixeira, O corazón do xigante ou A chave de ouro, polas que se fixo merecedor dun lugar estelar entre os autores británicos de contos.