Esta biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se profundiza na figura e na obra dun dos escritores que mellor representa a individualidade en procura de sentido na sociedade contemporánea. Antón Lopo xa se ocupara das biografías de Lorenzo Varela e de Uxío Novoneyra.

Con esta obra completamos o percorrido pola vida e a obra de Lois Pereiro: nesta mesma colección Letras Galegas xa publicamos a súa Antoloxía poética, en edición de Daniel Salgado, e na colección Literaria recuperamos a novela de Pereiro Náufrago do paradiso, que xa se publicara na extinta 'Luzes de Galiza' e que agora aparece en forma de libro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR