O escritor Sandro Veronesi recolleu onte o Premio de Novela Europea Casino de Santiago, nunha velada que deu comezo coa intervención de Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, agradecendo a colaboración de todos os presentes e dirixíndose especialmente a Sandro Veronesi. A cita, á que acudiron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez-Bugallo, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, incluíu a lectura da acta, unha intervención de Xurxo Fernández -que realizou unha descrición do autor- e unha breve actuación musical a cargo do mozo Yago Domínguez.