Xa está nos cines NON ME DEIXES NUNCA

Esta obra, que conseguiu o Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006, é unha das máis salientables do autor da coñecida The Remains of the Day, que tamén foi levada con éxito ao cine; conta unha historia na que xoga un papel fundamental o destino, inesperado e arrepiante, que pon de relevo a fraxilidade do […]

Poesía e pantasma

Nestes días está a chegar ás librerías de todo o país, dentro da colección de Ensaio, o novo libro de María do Cebreiro Rábade Villar, 'Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'. Con esta obra, a escritora de Compostela aborda as relacións entre literatura, historia e ideoloxía, tres realidades indisolubles que se condicionan mutuamente, dun xeito consciente […]

2ª edición para FUTURO IMPERFECTO

Continúan os éxitos para o debut literario de Xulia Alonso Díaz. Cinco meses despois da súa publicación xa podemos atopar nas librerías a 2ª edición deste libro no que a autora traza un percorrido vital compartido cunha xeración, a dos mozos e mozas que durante os anos oitenta e noventa circularon por unha senda perigosa […]

Veronesi recolleu o Premio do Casino de Santiago

O escritor Sandro Veronesi recolleu onte o Premio de Novela Eu­ropea Casino de Santiago, nunha velada que deu comezo coa inter­vención de Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, agradecendo a colabora­ción de todos os presentes e dirixíndose especialmente a Sandro Veronesi. A cita, á que acudiron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez-Bugallo, e o conselleiro de […]

A PALABRA EXACTA

Esta biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se […]

Nova edición de 'Tesouros novos e vellos'

Se esta fin de semana inaugurabamos en Mondoñedo a mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', hoxe queremos salientar a nova edición feita pola nosa editorial de 'Tesouros novos e vellos', ou o que é o mesmo, o Discurso de Ingreso de Álvaro Cunqueiro na RAG e a resposta do que […]

'Dálle a volta' xa está na Rede

Hai semanas presentábase en Compostela o proxecto 'Dálle a volta', un completo material descargable dende a Rede e orientado á Educación do Consumo que contempla a descarga de balde do conto interactivo e en Rede, 'Area fai seis' de Araceli Gonda e ilustrado por María Noel Toledo, así como un completo 'Proxecto de educación para […]

'Cabalo de ouros', Premio da Crítica

Se hai dous sábados, Víctor F. Freixanes recibía o recoñecemento dos libreiros como Autor do Ano co Irmandade do Libro, este último recibía, da Asociación Española de Críticos Literarios, o Premio da Crítica para a lingua galega. Na nosa literatura, a proposta de galardóns fora elevada dende a Sección Crítica da Asociación de Escritores e […]