Nova edición de 'Tesouros novos e vellos'

Categoría: Nova

Se esta fin de semana inaugurabamos en Mondoñedo a mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', hoxe queremos salientar a nova edición feita pola nosa editorial de 'Tesouros novos e vellos', ou o que é o mesmo, o Discurso de Ingreso de Álvaro Cunqueiro na RAG e a resposta do que foi o seu grande amigo, Francisco Fernández del Riego.

O texto de Cunqueiro revélase como unha reflexión esencial para quen queira comprender a arte de fabular, habilidade que o de Mondoñedo dominaba dun xeito natural e que, neste libro, centra na figura do 'tesouro'.

Porque escribir, ás veces, é como atopar tesouros.
E Cunqueiro é, en si mesmo, un tesouro grande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email