2ª edición para FUTURO IMPERFECTO

Categoría: Nova

Continúan os éxitos para o debut literario de Xulia Alonso Díaz. Cinco meses despois da súa publicación xa podemos atopar nas librerías a 2ª edición deste libro no que a autora traza un percorrido vital compartido cunha xeración, a dos mozos e mozas que durante os anos oitenta e noventa circularon por unha senda perigosa na que amor e drogas eran dúas faces dun mesmo xeito de iniciarse na vida.

Futuro imperfecto é unha das obras candidatas a facerse co Premio San Clemente en galego na XVII convocatoria deste galardón.

Comparte nas túas redes sociais ou por email