Estás aquí:

Código: 745

Estremas

12,00  IVE INCLUIDO
Premio AELG 2011 ao mellor libro de poesía Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía 2010 nos Premios da Edición da AGE Premio da Crítica 2010 de creación literaria Mellor Libro de Poesía 2010 para os lectores da web Fervenzas Literarias
A colección Dombate incorpora ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a escritura afastándose da corrección e a mesura para se achegar aos lindes na que a expresión abeira o silencio como parte do texto. O libro de Ana Romaní podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lugar desa posibilidade. Xunto a esa exploración dos límites do expresado, en Estremas tamén hai "un xeito de persistencia", a busca dunha xinea nova ou a unha lectura nova diso que "arde sen liñaxes" e no que se pode albiscar unha liberación. O poema asenta os pés na furia e na vertixe, rebélase incómodo e respira exhausto nos silencios que abre. É unha urxencia de si mesmo para comprender, indaga nos lindes da súa propia sustancia, na causa que o alimenta. En Uadi Al Hitan, o val das baleas, no deserto occidental de Exipto, a poeta percorre a memoria dun soño, procura os lindes da súa perda, escava e abeira á procura dunha nova posición, doutro lugar. As palabras como restos dunha transformación esencial, tal os fósiles das baleas de Uadi Al Hitan, testemuño da metamorfose de animal terrestre en animal acuático. Por iso, en Estremas as liñas de tensión esgazan a carne e a linguaxe, os discursos gravan as súas marcas nos corpos e a vida expón as osamentas no terrazo. O poemario esta atravesado polo carnal, pola identidade como busca, como liberación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 72
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 25/11/2010
Dimensións 120 x 220 mm. mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-337-3
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Romaní, Ana
ana

Ana Romaní (Noia, 1962) publica no ano 1987 o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. Despois editaríanse Das últimas mareas (1994), Arden (1998) e Love Me Tender (2006). Creou e participou en distintos proxectos artísticos, entre eles “Son Delas”, “Lob*s”, “Estalactitas”, “Catro poetas suicidas. Intervención poetica contra a levidade” ou “A voz e o poema. Os periplos de Aviles de Taramancos”. No ano 2003 publica Antón Avilés de Taramancos. Antoloxía (Galaxia). Dirixe desde 1990 o programa de información cultural “Diario Cultural” da Radio Galega, recoñecido co Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (1992), o Premio Xerais (1999) á cooperación no labor cultural, o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000). Premio da Asociación de Escritores en lingua Galega (2007), Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España (2007). Polo seu labor profesional recibiu o Premio Atlantida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya (2008), Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2009) e Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2009). Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018.

As súas obras

Estremas
estre
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE