Un libro fóra da correción e da mesura

Categoría: Nova

Na colección Dombate de Poesía vimos de publicar o novo poemario de Ana Romaní, 'Estremas'.
Con este motivo, mantivemos unha conversa que reproducimos de contado.

PREGUNTA: Sen rodeos, hai neste mundo sitio para os poetas?

RESPOSTA: Hainos que atopan o seu sitio neste mundo, hainos que buscan outros mundos e hainos que máis que sitio procuran outro lugar.

PREGUNTA: Poderías definir o teu libro en dez palabras?

RESPOSTA: Mellor oito apuntamentos (que son máis de dez palabras) para unha posible lectura.

*Un animal ferido
*Un corpo despezado
*Uadi Al Hitan
*Furia e vertixe
*Fóra da correción e da mesura
*A procura dunha nova posición
*Os discursos gravan as marcas nos corpos
*As osamentas no terrazo

PREGUNTA: Nalgún territorio se atopan xornalismo e literatura?

RESPOSTA: Nos ocos que fican.

PREGUNTA: Sei que é un tópico, pero existe a voz poética da muller?

RESPOSTA: A voz poética da muller non, as voces poéticas das mulleres si.

PREGUNTA: Como ves o panorama?

RESPOSTA: Exhausto

Comparte nas túas redes sociais ou por email