Francisco Castro, elixido presidente de GALIX

O escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, responsable da Edición de Infantil e Xuvenil na editorial, Francisco Castro, foi elixido novo presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que até agora presidía Manuel Figueiras. É o resultado da ­asemblea xeral de socios que tivo lugar esta fin de semana, […]

Tres novos títulos da Biblioteca Compostela

A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina a concellería de Cultura de Santiago de Compostela xa conta con tres novos títulos. No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García Conde, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e […]

Adeus a Marcos Valcárcel

Esta ponte tinguiuse de tristura co pasamento do historiador e intelectual galeguista Marcos Valcárcel. Despois dunha longa enfermidade deixábanos o pasado domingo. Centos de amigos sumáronse aos actos de homenaxe que serviron de despedida a un home que fixo de Galicia bandeira, e da defensa da súa lingua e cultura, motivo de estudo e existencia. […]

Entrega do Premio García Barros a Antón Lopo

Para este venres está prevista a entrega do Premio García Barros ao escritor Antón Lopo pola novela 'Obediencia'. O acto celebrarase ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada. De 'Obediencia' o xurado destacou "a imaxinación creadora e a habilidade para construir unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, do cinema de […]

Xa se pode descargar (e de balde) 'Puag que noxo!' para iPhone e iPad

Dende as primeiras horas do venres xa é posible descargar dende a tenda de Apple Store a aplicación que, dentro do proxecto Contoplanet (froito da alianza entre Galaxia, Perro Verde e Milrayas) preparamos arredor do libro de Fina Casalderrey e Andrés Meixide, Puag que noxo! O conto pode descargarse de balde para comezar a ler […]

Un libro fóra da correción e da mesura

Na colección Dombate de Poesía vimos de publicar o novo poemario de Ana Romaní, 'Estremas'. Con este motivo, mantivemos unha conversa que reproducimos de contado. PREGUNTA: Sen rodeos, hai neste mundo sitio para os poetas? RESPOSTA: Hainos que atopan o seu sitio neste mundo, hainos que buscan outros mundos e hainos que máis que sitio […]

Mañá en Vigo, homenaxe a Francisco Fernández del Riego

O día 7 de xaneiro Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) cumpriría 98 anos. A Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan unha homenaxe civil que terá lugar o venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, no Centro Social Novacaixagalicia, dedicada a quen foi un dos seus fundadores, figura sobranceira do galeguismo. A idea dos […]