A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina a concellería de Cultura de Santiago de Compostela xa conta con tres novos títulos. No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García Conde, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Carlos Lema, director literario da nosa editora.
As obras que veñen de saír do prelo son 'Caos calmo', de Sandro Veronesi, Premio Novela Europea Casino de Santiago 2009, 'Emaús', de Alessandro Baricco, e 'A viúva preñada', de Martin Amis. Con estas xa son 24 as obras desta colección que lle permite aos lectores galegos ler aos grandes clásicos contemporáneos na nosa fala. Así por exemplo é importante suliñar o feito de que 'Emaús' e 'A viúva preñada' ven a luz antes en galego que en ningunha outra lingua europea.
Este proxecto literario xurde dun convenio de colaboración entre Editorial Galaxia e a Concellaría de Cultura de Santiago.