Para este venres está prevista a entrega do Premio García Barros ao escritor Antón Lopo pola novela 'Obediencia'. O acto celebrarase ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada.
De 'Obediencia' o xurado destacou "a imaxinación creadora e a habilidade para construir unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, do cinema de ciencia ficción e a intriga".
O xurado desta edición que recoñeceu o traballo do prolífico xornalista e escritor, estivo composto por Inmaculada Otero Varela, Manuel Santiago Fernández Álvarez, Xosé Manuel Eiré Val, Carlos González de Lema Malvar, e Valentín García.