Antiga claridadeXavier Rodríguez BarrioUn poemario dun perfecto equilibrio interior, que expresa unha profunda e serena meditación sobre a experiencia do tempo. A insistente evocación do recordo, certas máscaras do íntimo e do amor, conforman esa luz reveladora que o poeta, desde o culto aos sentidos e á vida, utiliza como ámbito para a salvación da memoria e da existencia. Trátase dun libro unitario que aportou unha gramática poética orixinal no panorama da poesía galega dos anos noventa. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|