Rodríguez Barrio, Xavier

barrio
Rodríguez Barrio, Xavier

Naceu en Lugo en 1954 e dende moi novo foi coñecido como poeta. Pertenceu ó colectivo dos Novísimos, nunha primeira época de poesía ligada ó socialrealismo, con poemarios como Apalpando o eisilio da Raza (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975). A súa integración no grupo Cravo Fondo supuxo unha segunda época creativa caracterizada polo maior alento èpico, con títulos como Antífona da redención (1977)e Herdo e alucinación en Fisterra (1981).

En 1984 obtivo o Premio Celso Emilio Ferreiro con Os laberintos da xerfa, libro co que acadou a súa madurez expresiva. A este seguiron outros títulos igualmente relevantes e celebrados, como Os aposentos silenciados (1987), Celebración do Gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Nacional de Literatura), Alborada no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e Antiga claridade (1992, Premio Martín Códax e da Crítica Española).

As súas obras

Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE