Premio para 'Estremas' de Ana Romaní

Categoría: Nova

Por segundo ano consecutivo, a web Fervenzas Literarias organizaba unha macroenquisa entre os seus lectores e lectoras para escoller os mellores libros do ano.
Na categoría de poesía, o libro de Ana Romaní, 'Estremas', alzábase co primeiro posto, confirmando así as boas sensacións que todos temos dende o instante primeiro en que este volume saiu do prelo.
Parabéns para Ana Romaní por este galardón merecidísimo!

Comparte nas túas redes sociais ou por email