A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá un acto arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, centrado na vertente máis literaria e xuvenil da súa obra.

A actividade desenvolveuse arredor do libro Bego e o mundo do revés, escrito por Iria Collazo, e contou coa participación da ilustradora Alba Stinson, que presentou diante do alumnado do colexio Amor de Dios o proceso creativo e o traballo gráfico desenvolvido para a obra.
No encontro tamén participou Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia.
O encontro permitiu achegar ao alumnado a figura e a obra de Begoña Caamaño a través da literatura e da ilustración, nun diálogo próximo arredor da creación artística e da lectura.
