Encontro arredor de “A nena que perdeu un zapato na lama” na libraría de El Corte Inglés de Vigo

Categoría: Nova

Hoxe, mércores 13 de maio, celebrouse na Libraría de El Corte Inglés Vigo un encontro para centros de ensino arredor do libro A nena que perdeu un zapato na lama, de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego, dentro da programación das Letras Galegas 2026.

A actividade contou coa participación do autor e do ilustrador, nunha sesión dirixida ao público escolar na que se afondou no universo da obra e na figura de Begoña Caamaño.

Galaxia publica A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964–1976), un libro que propón unha lectura pouco ortodoxa da infancia dunha das autoras máis singulares da nosa literatura. Publicado na colección Xohán Ledo, o volume mestura memoria, biografía, historia e ficción para reconstruír, a través da voz de Morgana, os primeiros anos de vida de Begoña Caamaño no barrio vigués do Calvario.

 

A obra permite comprender as raíces da súa escrita posterior, marcada pola atención ás voces silenciadas, a relectura do mito e a vontade de pensar o mundo desde outros puntos de vista.

Comparte nas túas redes sociais ou por email