Editorial Galaxia foi recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, un recoñecemento á súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario.
Entre as obras premiadas destacan:
- Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, coordinado por Susana Reboreda Morillo, Premio á Obra de Divulgación.
- Punto de araña, de Nerea Pallares, Premio á Obra de Narrativa.
- Unha historia de amor coma outra calquera, de Rosa Aneiros, Premio á Obra Xuvenil.
- Rosalía Oculta, de Paula Mayor, Premio ao Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor.
- O proceso. Apaga o candil, de Cándido Pazó, Premio ao Libro de Teatro.
A estes recoñecementos súmase tamén a presenza destacada doutras obras finalistas do catálogo de Galaxia:
- As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, de Carmen V. Valiña, finalista ao Premio á Obra de Ensaio e Investigación.
- Son como glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez, finalista ao Premio á Obra de Narrativa.
- Adelina, de Sandra Lodi, finalista ao Premio ao Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor.
Este recoñecemento é tamén das autoras e autores, das lectoras e lectores, das librarías, bibliotecas e de todas as persoas que acompañan o libro galego.
Nun ano tan especial para a editorial, estes premios son unha alegría compartida con todas as persoas que forman parte do libro galego.