Andrés do Barro, protagonista dunha nova obra que revisita a xénese do pop en galego

Editorial Galaxia anuncia a incorporación ao seu catálogo de Andrés do Barro. A xénese do pop en galego, a nova obra de Fernando Fernández Rego, que chegará ás librarías nas próximas semanas. Neste volume, o autor achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e tamén polas dificultades que o acompañaron, ao […]
O Consello de Administración de Galaxia nomea, por unanimidade, Director Xeral da editorial a Marcos Calveiro

En reunión do Consello de Administración de Editorial Galaxia celebrada na tarde do 28 de maio, acordouse, por unanimidade, nomear novo director xeral a Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968). A remuda na dirección, que se formalizará o vindeiro 1 de xullo, prodúcese polo próximo cesamento nas súas funcións do actual director, Xosé Manuel Soutullo, […]
Presentación de “Catro viaxes de Elena Fahlbusch”, en Vigo

A libraría Librouro acolle hoxe, xoves 28 de maio, ás 19:30 h, a presentación de Catro viaxes de Elena Fahlbusch, de Damián Guede. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Catro viaxes de Elena Fahlbusch mergúllanos nunha rodaxe cinematográfica a través da mirada de Ana, axudante de dirección, que nos […]
Acto de entrega VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025 a Daniel Landesa por “Nenapingüín”, na Pobra do Caramiñal

Hoxe, mércores 27 de maio, celebrouse, no Auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de entrega do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025 a Daniel Landesa pola súa obra Nenapingüín. No acto, participaron, Patricia Lojo, concelleira de cultura; Encarna Pego, membro do xurado; e Marcos Calveiro, director […]
“Un país ilustrado” revisa a memoria visual de Galicia a través das cubertas de Editorial Galaxia

O novo volume Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, en edición de Hayat Husein, recolle e amplía o espírito da exposición celebrada no MARCO de Vigo, converténdose nun percorrido pola historia gráfica, cultural e editorial de Galicia a través das cubertas da editorial ao longo dos seus 75 anos. A publicación funciona non só […]
Luís Rei Núñez recolle o II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela en Mondoñedo por “Elas dúas”

O escritor e ensaísta Luís Rei Núñez recolleu este sábado en Mondoñedo o II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela pola súa obra Elas dúas, nun acto celebrado na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e presidido polo alcalde da localidade, Manuel Otero Legide, quen destacou a relevancia do galardón, a elevada participación e a dificultade do xurado […]
Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño coa obra “Sós”

O dramaturgo Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño pola obra Sós, segundo acordou por unanimidade o xurado reunido o pasado 21 de maio de 2026 na Biblioteca do IES Ribeira do Louro, no Porriño. O xurado, integrado por Iván Caloto, Pepa Barreiro, Delio García Represas e Raquel Castro, destacou […]
75 anos de literatura galega: Galaxia lanza unha promoción especial da súa biblioteca conmemorativa

Editorial Galaxia impulsa a colección Biblioteca 75 aniversario cunha promoción especial ata o 21 de xuño. Podedes adquirila premendo aquí. Editorial Galaxia continúa a celebrar os seus 75 anos de historia coa Biblioteca 75 aniversario, un proxecto editorial que recupera textos fundamentais da cultura galega e os devolve ao presente, reafirmando o compromiso da editorial […]