Editorial Galaxia participa na Feira do Libro de Ponteareas cunha ampla programación

Categoría: Nova

Do 9 ao 12 de xullo, Editorial Galaxia participará na Feira do Libro de Ponteareas, que se celebrará nos Xardíns da Xiralda, cunha programación que inclúe presentacións, encontros e unha sinatura arredor das novidades do seu catálogo.

Xoves 9 de xullo

19:00 h. Presentación de Nailía

Loli Rodríguez presentará Nailía, obra gañadora do Premio Torrente Ballester 2024. A autora estará acompañada por Manrique Fernández, crítico literario.

21:00 h. Presentación de Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía

María Xosé Porteiro presentará Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. Estará acompañada por Manrique Fernández, crítico literario.

Venres 10 de xullo

18:30 h. Sinatura arredor de Rotspanier

Juan Galán participará nunha sinatura arredor de Rotspanier na caseta da libraría Copistería Ledo.

Sábado 11 de xullo

12:00 h. Presentación de Literatura insólita

Armando Requeixo presentará Literatura insólita. Estará acompañado por Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia.

Domingo 12 de xullo

18:00 h. Presentación de Nenapingüín

Daniel Landesa presentará Nenapingüín, VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, ilustrado por Miki Momochi. Estará acompañado por Manrique Fernández, crítico literario.

20:00 h . Presentación de Do baile da gaita á muiñeira

Julio Alonso presentará Do baile da gaita á muiñeira. Estará acompañado por Manrique Fernández, crítico literario.

Comparte nas túas redes sociais ou por email