Descubre toda a bibliografía de Xosé Neira Vilas

Categoría: Nova

Co gallo da elección de Xosé Neira Vilas como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2027, en Editorial Galaxia reunimos nun único espazo toda a bibliografía do autor dispoñible no noso catálogo.

Un lugar onde descubrir, ou redescubrir, a unha das voces fundamentais da nosa literatura, desde Memorias dun neno labrego ata títulos para todas as idades que seguen emocionando xeración tras xeración.

A nosa Biblioteca Neira Vilas reúne 19 obras que percorren a súa narrativa, as memorias e o ensaio, froito dun compromiso continuado coa recuperación e difusión do seu legado, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas.

Podedes consultar todos os libros premendo aquí.

Volver a Neira Vilas é volver á memoria, á emigración, á lingua e a unha maneira de entender Galicia que segue máis viva ca nunca.

Comparte nas túas redes sociais ou por email