(Carolina Nickelle Lois) (O Brasil, 1996). Desde pequena sentiu unha gran paixón pola arte e os videoxogos, tanto que se formou en Ilustración na Pablo Picasso da Coruña, onde o seu traballo de fin de estudos foi recoñecido co premio San Amaro ao mellor proxecto de ilustración. Ao rematar, e coa chegada a Galicia da carreira de Creación Dixital, Animación e Videoxogos, uniuse á primeira promoción para perseguir o seu soño de crear videoxogos. O seu proxecto final, Gelatina is Hungry, recibiu varios premios, entre eles o de Mellor Arte nos OUFF 2024. Ao rematar a carreira, fundou o estudio Under Castle, dedicado ao desenvolvemento de videoxogos.
Paralelamente, colaborou con varios fanzines internacionais centrados en videoxogos e anime, como Home is where the Hearts is, Untameable e Spellweaver, entre outros. Na actualidade combina ás súas dúas paixóns: a ilustración e os videoxogos, traballando como ilustradora e desenvolvendo os seus propios videoxogos independentes.
Ilustrou Cando o mundo é azúl (Galaxia, 2025), de Óscar Reboiras, Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024.