Un percorrido pola historia da muiñeira como símbolo identitario de Galicia

Da tradición popular á construción dun símbolo colectivo. Editorial Galaxia publica Do baile da gaita á muiñeira, de Julio Alonso, un rigoroso e revelador estudo arredor da evolución da muiñeira como un dos grandes símbolos identitarios da cultura galega. Froito da súa tese de doutoramento, a obra, publicada na colección Ensaio, percorre a historia da […]
“Elas dúas”, de Luís Rei Núñez, Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025

Editorial Galaxia publica Elas dúas, a nova novela de Luís Rei Núñez, distinguida co Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025. A obra reconstrúe unha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres na Galicia dos anos cincuenta, marcada polos silencios, os tabús e a vontade de seren donas de si mesmas nun tempo […]
Entrevista a Alba Tomé arredor de “As humidades”

O martes 19 de maio, celebrarase, ás 19 h, na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela, a presentación de As humidades, de Alba Tomé. Acompañando a autora, estará Carlos Labraña, escritor e dramaturgo. Compartimos a continuación a entrevista completa con Alba Tomé arredor de As humidades, unha conversa sobre a infancia, a violencia, a memoria e […]
A exposición “Begoña Caamaño no Calvario vigués” inaugurouse no barrio que a viu medrar

O venres 15 de maio, celebrouse a inauguración da exposición Begoña Caamaño no Calvario vigués, na zona peonil de Urzaiz (números 213-217), no mesmo barrio que foi escenario da infancia da escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2026. O acto contou coa presenza de Ramón Nicolás, comisario da mostra, de Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial […]
A obra de Begoña Caamaño protagoniza un acto co alumnado en Vigo

A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá un acto arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, centrado na vertente máis literaria e xuvenil da súa obra. A actividade desenvolveuse arredor do libro Bego e o mundo do revés, escrito por Iria Collazo, e contou coa participación […]
Encontro arredor de “A nena que perdeu un zapato na lama” na libraría de El Corte Inglés de Vigo

Hoxe, mércores 13 de maio, celebrouse na Libraría de El Corte Inglés Vigo un encontro para centros de ensino arredor do libro A nena que perdeu un zapato na lama, de Ramón Nicolás, ilustrado por Carlos Gallego, dentro da programación das Letras Galegas 2026. A actividade contou coa participación do autor e do ilustrador, nunha […]
María Xosé Porteiro reivindica a Begoña Caamaño como referente do xornalismo galego

No marco das Letras Galegas 2026, celebramos a publicación de Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, da xornalista e escritora María Xosé Porteiro. Unha obra que reivindica a figura dunha das voces máis comprometidas do xornalismo galego e que nos convida a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia da nosa cultura e das […]
Editorial Galaxia recibe o Premio de Honra dos Premios Follas Novas 2026 e suma cinco galardóns

Editorial Galaxia foi recoñecida co Premio de Honra da Asociación Galega de Editoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026, un recoñecemento á súa traxectoria no ano do seu 75 aniversario. Entre as obras premiadas destacan: Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, coordinado por Susana Reboreda Morillo, Premio á […]