Convócase a edición XX do Premio Narrativa Breve Repsol

Categoría: Opinión, Premio, Premios

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases:

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora das tres ultimas edicións anteriores, cunha novela curta escritura en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.

2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 120.000 caracteres con espazos incluídos nin superior a 270.000 caracteres con espazos incluídos. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.

3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal e unha sétima copia en pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF. En cada unha das copias figurará o título da novela e o seu lema. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará a citado lema e, no seu interior, o nome, dirección, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora, unha recensión biográfica recente e o pendrive.

4. Na creación dos textos non se pode empregar ningunha clase de IA xenerativa. Dita circunstancia se acreditará na declaración xurada da orixinalidade da obra, autoría e non uso de IA xenerativa na súa redacción.

5. As novelas enviaranse ata o 31 de xullo de 2026, facendo constar no sobre Premio Narrativa Breve Repsol, á seguinte dirección:

PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL

Complexo Industrial Repsol A Coruña

Edificio de Oficinas

Departamento de Comunicación

Bens s/nº

15008 A Coruña

6. Incluirase aos orixinais, nun sobre pechado, unha declaración xurada asinada polo autor ou autora onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da devandita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, considérese non remitida e non presentada, e destrúase.

7. Establécese un único premio dotado con quince mil euros (15.000,00 €). Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.

8. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.

9. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador así como a edición dixital do mesmo durante cinco anos. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Editorial Galaxia. En todas as edicións que se realicen farase constar o nome de Premio Narrativa Breve Repsol 2026.

10. O xurado estará composto por:

– Unha persoa nomeada pola Secretaría Xeral da Lingua.

– Unha persoa nomeada pola Fundación Repsol.

– Unha persoa nomeada pola Real Academia Galega.

– Unha persoa nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

– Unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia. A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2026.

11. A entrega do premio terá lugar nun acto público que levará a cabo a finais de ano na cidade da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.

12. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras así o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous (2) meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.

13. A participación no Premio Narrativa Breve Repsol é voluntaria. A continuación, atoparás información básica sobre como trataremos os teus datos de carácter persoal polo feito de participar nesta acción:

Responsable: Fundación Repsol, con domicilio en c/ Méndez Álvaro, 44 – 28045 Madrid.

Datos obxecto do tratamento: Todos os datos que nos proporciones, así como os que deriven da túa participación no premio.

Finalidade: A realización das xestións necesarias para o desenvolvemento do premio, incluída a selección do gañador, a publicación do gañador, o contacto co gañador para a entrega do premio e a posterior entrega do premio a este.

Base lexitima do tratamento: O teu consentimento manifestado, expresamente, ao participar neste premio.

Destinatarios dos datos: Os que resulten necesarios conforme á lei e os provedores de servizos na súa condición de encargados do tratamento, así como á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Dereitos da persoa interesada: Acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación ao tratamento, portabilidade e a retirar o consentimento prestado. Podes atopar un maior detalle sobre estes dereitos na información ampliada, dispoñible na política de privacidade en: www.fundacionrepsol.com. Poderanse exercer estes dereitos a través dunha comunicación á dirección do responsable. Así mesmo, poderás formular, en calquera momento, unha reclamación ante a autoridade de control.

Duración do tratamento: Durante o tempo que dure a acción e, unha vez finalizada, por un período de 6 anos.

Transferencias internacionais: As que resulten da nosa relación con provedores de servizos, coas garantías dispostas na política de privacidade dispoñible en: www.fundacionrepsol.com.

Información adicional: Podes consultar información ampliada sobre como tratamos os teus datos na política de privacidade dispoñible en: www.fundacionrepsol.com.

14. A participación no premio supón que o participante gañador autoriza expresamente que a Fundación Repsol poida facer difusión, en calquera medio de comunicación interno e/o externo que estime oportuno, así como nas redes sociais nas que se desenvolva o premio, dos seus datos persoais consistentes no seu nome e apelidos coa exclusiva finalidade de divulgar o premio. Todo iso dentro da política de transparencia á que se atopa comprometida a Fundación Repsol e mesmo antes de que se produza a aceptación formal do premio ou no suposto de confirmarse que o participante non cumpre co resto de condicións impostas nas bases e perdese, consecuentemente, o dereito ao premio. A difusión e/o publicación do seu nome como gañador non xerará ningún dereito ao seu favor para a adxudicación do premio se o participante non cumpre co resto de condicións recollidas nas bases, así que perderá o dereito ao premio, a pesar de calquera publicación.

15. O autor ou autora premiado comprométese a cederlle os dereitos de explotación da súa novela á Fundación Repsol de forma inmediata tras ser premiado e, en exclusiva e por unha duración de cinco (5) anos coa finalidade de facela accesible ao público. O autor sempre será recoñecido como autor da novela; este é un dereito irrenunciable e intransmisible.

Especificamente a cesión dos dereitos de explotación a favor da Fundación Repsol incluirá os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da novela en calquera formato existente, así como a través de todos os medios de comunicación en liña ou fóra de liña que sexan necesarios para a correcta promoción da novela.

16. Nos aspectos non establecidos nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles ás entidades organizadoras, as cales, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán un ditame que será inapelable.

17. A participación na convocatoria do Premio Narrativa Breve Repsol 2026 implica a aceptación destas bases.

Comparte nas túas redes sociais ou por email