Francisco Castro, “Xuntos”

Como naquel libro de Anna Gavalda que editamos en Galaxia hai anos, ‘Xuntos e máis nada’. Así levamos dende 1950. Xuntos. Lendo contigo en galego. En papel, mais tamén neste soporte web ou en libros electrónicos ou, non o dubides, nos formatos que virán no futuro. Dende a nosa fundación hai 66 anos, xuntos contigo […]
O fillo de don Paco

Para moitos limiaos, Carlos Casares sempre foi o fillo de don Paco, un home entrañable que nos deu clase a moitos rapaces de Xinzo. Carlos, herdeiro natural desa xenerosidade que só recae nas boas persoas, reunía as virtudes do pai e, amais dun excelente escritor, era un gran xestor cultural, un humanista conciliador, un home […]
Literaturizar a historia

A literatura e a historia son vellas coñecidas e establecen relacións proveitosas para ambas: a literatura reflicte a historia e a historia contémplase nas obras literarias. A literatura, en canto testemuño da sociedade, proporciona información relevante acerca dunha época concreta: as crenzas, os costumes, a mentalidade, os valores, os modos de vida… A historia, á […]
Por que ler a Manuel María (tamén) após o 17 de Maio

O Día das Letras Galegas debe acompañar a xusta e meritoria recuperación de autores e autoras (en maior medida, se queremos mirarnos nun espello que reflicta a imaxe real do noso sistema literario) que construíron un persoal afluente alimentador dese gran río que é a literatura galega, cuxa canle discorre, con diferentes tramos e cursos, […]
A Buenos Aires galega

Así titula Ramón Villares o derradeiro capítulo da súa nova edición da “Historia de Galicia”, reeditada, ampliada e enriquecida tanto na versión en galego (Galaxia) como a impresa en Buenos Aires (Mar Maior) que presentamos estes días na 42 edición da Feira do Libro da capital porteña, este ano dedicada á cidade de Santiago de […]
O teatro: unha ferramenta imprescindible no ensino

Cando oímos falar de teatro imaxinámonos, se non somos actores, actrices ou profesionais da escena, sentados nunha butaca esperando a que se abra o pano e nos ofrezan un espectáculo en directo, que nos faga sentir. Ser público é parte fundamental nun espectáculo teatral. O público infantil, afortunadamente, ten a día de hoxe a oportunidade […]
A gravidade das ondas

Asisto abraiada á confirmación da existencia das ondas gravitacionais mentres o meu cerebro de misto se afana en comprender o que le no xornal. Einstein predeciu hai un século que existen perturbacións no espazo-tempo producidas por fenómenos astronómicos de gran violencia. No día no que escribo estas liñas, Día da Muller na Ciencia, cáptanse as […]
Pensamento único

Os medios de comunicación camuflaron estes días, entre predicións de pactos post-electorais e imaxes da Infanta Cristina sentada fronte a un xuíz, unha nova inquietante que pasou desapercibida para moitos: escritores do calibre de Caballero Bonald (todo un Premio Cervantes), Eduardo Mendoza ou Javier Reverte, entre outros, están sendo sancionados pola Seguridade Social por un […]