Pensamento único

Os medios de comunicación camuflaron estes días, entre predicións de pactos post-electorais e imaxes da Infanta Cristina sentada fronte a un xuíz, unha nova inquietante que pasou desapercibida para moitos: escritores do calibre de Caballero Bonald (todo un Premio Cervantes), Eduardo Mendoza ou Javier Reverte, entre outros, están sendo sancionados pola Seguridade Social por un […]
Neira Vilas comigo

Para min, Balbino cheira a uces, a toxo e a tomentelo. Si, porque na aldea pastando as vacas polo monte acompañoume esta personaxe dende rapaz. Neira Vilas conectou moi ben comigo e cos da miña condición porque nos estaba falando dende o amor á terra. Máis tarde a sorte deu comigo no primeiro traballo nunha […]
COMA UN PAXARIÑO…

Balbino, Moncho e o noso querido Tomás quedaron orfos; orfos de pai e orfos dun amigo creador que a través deles fixo que moitos nos achegásemos de nenos por primeira vez á literatura galega, á escrita en galego. Pachín non deixa de ouvear. Non deixa de ouvear na paraxe da estrada a Santiago onde “espera […]
Neira Vilas na lembranza

Era dos bos e xenerosos. Foino sempre. Xosé Neira Vilas, que acaba de morrer, atinou a deixarnos unha obra literaria inesquecible, chea de sensibilidade e de humor; unha obra aínda moito máis profunda do que aparentaba. Desde “Memorias dun neno labrego” (1961) ata “Aqueles anos do Moncho” (1980) corre un río propio, enxebre e comunal, […]
CANDO O TAMAÑO SI IMPORTA

Eu escribo curto. Escribo curto porque a vida non é unha novela por entregas. Non podes detela ata o vindeiro capítulo. Refírome á vida real. Á vida que temos todos. Esa na que tes que madrugar para ir traballar, pasar polo súper a mercar leite, levar aos teus fillos a actividades, e mesmo acadar tempo […]
Bo día Vic

Teño a estraña sensación de que Vic almorza comigo dende que hai un par de días, o presentáramos de xeito oficial na Libraría Couceiro. Aínda que é bastante alto para a súa idade, vexo como se ten que estirar para coller as galletas da alacena da cociña, e incluso mira para min pedindo con olliños […]
A colección de silencios

O coleccionar non se atopa entre as miñas afeccións favoritas. Porén, faríame con gusto coleccionista de silencios. Sobre este estraño desvarío xa falou Heinrich Böll no seu relato A colección de silencios del Dr Murke. Murke gardaba anacos de cinta magnetofónica nunha lata. Nestes pequenos cachos estaban gravados os lugares onde os oradores facían unha […]
Manuel María, no Parnaso galego

Benvido, moi querido Manuel María, ao Parnaso galego que, desde a RAG -a Casa da Palabra, como gusta de chamar Xesús Alonso Montero- se te convoca. Entras nese grupo supremo dos nosos escritores, elixidos para seren homenaxeados no Día das Letras Galegas. Sodes os galegos, escollidos pola altura do voso espírito encarnado na lingua, que […]