Que ler este agosto? Aquí van cinco propostas

Categoría: Nova

Hai libros que nos fan viaxar, outros que nos axudan a comprender mellor o mundo e algúns que quedan con nós moito despois de rematalos. Para este agosto, propoñemos cinco lecturas para deixarse sorprender, pensar e descubrir novas historias.

Para quen quere cuestionar a identidade e a linguaxe

 A lingua estranxeira, de Brais Lamela. Unha novela polifónica que reflexiona sobre a violencia colonial, a memoria, a arte e o poder das palabras para destruír e reconstruír mundos.

Para quen cre que a poesía tamén pode ser refuxio

Alaska, de Castillo Suárez. Un poemario delicado e poderoso que explora o paso do tempo, os afectos e a memoria a través dunha linguaxe chea de imaxes sorprendentes.

Para quen quere descubrir o segredo dunha vida longa

 A arte de non morrer, de Roberto Fernández Álvarez. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, combina ciencia e cultura para achegarse ás claves da lonxevidade saudable en Galicia.

Para quen goza dos relatos que abren outras dimensións

Miniaturas, de Xosé María Álvarez Cáccamo. Un libro de narracións breves e evocadoras onde o mito, o soño e o inesperado convidan a mirar a realidade desde outra perspectiva.

Para quen sabe que os grandes misterios ás veces comezan cun pequeno xesto

O mar que me levou, de Silvia Fernández Recouso. Unha historia de verán, segredos familiares e emocións que medran ao ritmo das ondas e das palabras que nunca chegaron a dicirse.

Cinco libros, cinco maneiras de vivir o verán. Cal será a túa próxima lectura?

Comparte nas túas redes sociais ou por email