(Atsasu, Navarra, 1976) é unha das autoras máis representativas da poesía éuscara. Tras licenciarse en Filoloxía Vasca, traballa como técnica lingüística. Alén de asinar unha ducia de poemarios, é autora de obras dirixidas á cativada. Logo de ser incluída na antoloxía colectiva A ponte das palabras. Poesía vasca 1990-2000 (2001), en 2021 chegaba ao galego con Permanencia (trad. Isaac Xubín). É membro da Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca.