Fernández Álvarez, Roberto

ROBERTO fERNÁNDEZ
Fernández Álvarez, Roberto

(Chantada, 1967) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como médico de familia en Allariz e na residencia xeriátrica de Santa Marta (Ourense) e dirixiu varios proxectos de investigación, entre eles o Banco de Lembranzas, colección de historias de vida de persoas maiores. Foi investigador principal do estudo Ourensividade sobre o fenómeno das persoas centenarias na provincia de Ourense. É autor do ensaio Enfermos pobres, médicos tristes, sobre a antropoloxía da medicina rural en Galiza, XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Como escritor, publicou a obra A inmoral doutora Cons, gañadora do premio Blanco Amor de novela do ano 2022.

As súas obras

A ARTE DE NON MORRER. ANTROPOLOXÍA DA LONXEVIDADE GALEGA
A arte de non morrer
23.50€ CON IVE