Estás aquí:

Código: 2680

Un longo e tortuoso camiño

29,95  IVE INCLUIDO
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008
A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política "que importa". Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 412
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 06/05/2010
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-319-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Quintana Garrido, Xosé Ramón
quintana

(Ourense, 1957) é profesor asociado de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e profesor de ensino secundario. Especialista en historia política do tempo presente, historia social e historia da historiografía, é autor e coautor de numerosos estudos e artigos, publicados en obras individuais ou colectivas e en revistas especializadas. Alén dos dedicados ao novo nacionalismo galego, entre eles destacan Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988), Renovación en la historiografía española: Antonio Eiras Roel y la recepción del movimiento Annales en Galicia (1995), O poder dos actores: o renacemento da Historia Política (1998), Acción colectiva en pequeñas urbes: Estrategias obreras, patronal y autoridades públicas (1999), e Diario de empresa e xornalismo cívico: Galicia. Diario de Vigo, 1922-1926 (2002).

As súas obras

Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento
9788491517757
24.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.95€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
23.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.50€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
14.80€ CON IVE