Escoller onde buscar

Quintana Garrido , Xosé Ramón

quintana
Quintana Garrido , Xosé Ramón

(Ourense, 1957) é profesor asociado de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e profesor de ensino secundario. Especialista en historia política do tempo presente, historia social e historia da historiografía, é autor e coautor de numerosos estudos e artigos, publicados en obras individuais ou colectivas e en revistas especializadas. Alén dos dedicados ao novo nacionalismo galego, entre eles destacan Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento (1988), “Renovación en la historiografía española: Antonio Eiras Roel y la recepción del movimiento Annales en Galicia” (1995), “O poder dos actores: o renacemento da Historia Política” (1998), “Acción colectiva en pequeñas urbes: Estrategias obreras, patronal y autoridades públicas” (1999), e Diario de empresa e xornalismo cívico: Galicia. Diario de Vigo, 1922-1926 (2002).

As súas obras

Un longo e tortuoso camiño
longo
29.95€ CON IVE
Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento
9788491517757
24.00€ CON IVE