UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

Categoría: Nova

A presentación será mañá xoves, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal, e contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Luís Díaz, delegado xeral de Galicia de Gas Natural Fenosa, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e membro do xurado do premio, Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta, e o autor.

O premio Ramón Piñeiro de Ensaio está organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.

O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política "que importa".

Comparte nas túas redes sociais ou por email