Xosé Ramón Quintana Garrido presenta a obra que lle valeu o Premio Ramón Piñeiro 2008, 'Un longo e tortuoso camiño', un ensaio sobre o nacionalismo galego centrado no básico na historia do BNG dende o ano 1971 ata os nosos días.
Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Luís Domínguez, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.

Entre os tres debullarán un ensaio vivo que penetra na esencia dun partido esencial da nosa historia atendendo ás diversas correntes que en todos estes anos viviron no seu seo e, sobre todo, proxectando interesantes reflexións de cara o futuro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR