Estás aquí:

Código: 1431

Prosas galegas

17,50  IVE INCLUIDO
Segundo Ricardo Carballo Calero, as Prosas galegas de López Cuevillas caracterízanse pola súa seguridade, o equilibrio retórico e a súa trasparente sinceridade e claridade.
Nelas compílanse os textos máis exaltadores da realidade e dos valores galegos, introducíndose na paisaxe, nas aldeas e na tradición, ademais doutros dedicados á reflexión crítica sobre a sociedade do seu tempo. Achéganos tamén perfís biográficos de personaxes como Curros, Lamas Carvajal, Otero e Castelao, así como traballos de investigación sobre prehistoria, mitoloxía e etnografía, sempre a través dunha prosa que sorprende pola súa riqueza sintáctica, léxica e rítmica.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 180
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 12
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-739-9
Observacións:

AUTORES/AS

L. Cuevillas, Florentino
Florentino_López_Cuevillas

(Ourense 1886-1958) ingresou en 1918 nas Irmandades da Fala, xunto a Losada Diéguez, Otero Pedrayo e Vicente Risco, entregándose de cheo á causa galeguista. En 1920 comezou a colaborar na revista Nós, formando parte da súa directiva, á vez que se interesou pola prehistoria galega, converténdose nun prehistoriador, arqueólogo e etnógrafo dos máis prestixiosos da súa xeración, considerado o primeiro sistematizador da prehistoria galega.

En 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos co traballo «A edade de ferro na Galiza». Do seu labor investigador xurdiron gran variedade de traballos que viron a luz na revista revista Nós, no Boletín da Real Academia Galega, nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense e en Cuadernos de Estudios Gallegos,  entre outras publicacións.

As súas obras

Prosas galegas
9788491517399
17.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
17.50€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
17.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
17.50€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
20.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
17.50€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE