L. Cuevillas, Florentino

Florentino_López_Cuevillas
L. Cuevillas, Florentino

(Ourense 1886-1958) ingresou en 1918 nas Irmandades da Fala, xunto a Losada Diéguez, Otero Pedrayo e Vicente Risco, entregándose de cheo á causa galeguista. En 1920 comezou a colaborar na revista Nós, formando parte da súa directiva, á vez que se interesou pola prehistoria galega, converténdose nun prehistoriador, arqueólogo e etnógrafo dos máis prestixiosos da súa xeración, considerado o primeiro sistematizador da prehistoria galega.

En 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos co traballo «A edade de ferro na Galiza». Do seu labor investigador xurdiron gran variedade de traballos que viron a luz na revista revista Nós, no Boletín da Real Academia Galega, nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense e en Cuadernos de Estudios Gallegos,  entre outras publicacións.

As súas obras

Prosas galegas
9788491517399
17.50€ CON IVE