Manuel Domínguez Rial

Hai moitos traballos escritos, aínda que non dabondo, pola importancia que a emigración representa en Galiza no socio-económico, no político ou no cultural, pero este, é un traballo esperado de profundo contido metafórico a partir de narracións autobiográficas de pacientes "relatos pechados, que non son capaces de dar conta de moita da riqureza experiencial da […]
An Alfaya

Como todo álbum de interese, Unha chea de familias responde ao formato, onde a presenza das imaxes é fundamental. O libro entra polos ollos e polo tacto a través das ilustracións creadas con enxeño e mestría por Rodrigo Chao. Debuxos de trazos limpos e cores nítidas, co predominio das figuras humanas axigantadas e deformadas, de […]
Francisco Castro

¡QUE ENVEXA! Había moito, en verdade moitísimo tempo que non gozaba tanto coa lectura dun libro como con esta revolución de Alfonso Álvarez Cáccamo. E como autor, o único que me queda é proclamar a miña envexa (agora quedará moi ben dicir iso de "san") diante da capacidade fabuladora do autor, que foi quen de […]
María Barallobre

‘Tamanha laka safar saaid’ Foi certamente unha grata sorpresa descubrir cada un dos tesouros que conforman A choiva do mundo. Ir collida da man de Pacho Blanco polo "sentido do mundo sen sentido" e degustar "historias persoais que se erguen cara ao ceo e se espallan cunha forza que lles confire vida propia" na compaña […]
Luís Gonçales Blasco, "Foz"

Con esta obra Luís Paradelo sómase á xa ampla nómina de escritores que literaturizaron a cidade de Ourense, desde Álvarez de Nóvoa (Pé das Burgas) até Manuel Guede (Contra Serenou) pasando por Otero, Risco, Casares e, moi especialmente, Blanco Amor; o Ourense de Luís Paradelo lembra bastante o do autor d’A Esmorga; a maior diferenza […]
Ramón Caride

Tras a publicación da súa poesía completa en Xerais, Darío Xohán Cabana, como todos os grandes poetas demostra que a última palabra está sempre por dicir, e que a útima palabra é a mellor dita. E faino coa entrega do seu libro máis íntimo e conmovedor, máis sentido e máis seu, feito dende a soidade […]
Miguel Vila Pernas

O sabor da terra (Encontro cos cogomelos) é o último libro publicado pola escritora, poeta e presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro. Publicado pola Editorial Galaxia na súa colección Guías Galaxia, O sabor da terra é un libro delicioso que reúne a sensibilidade da autora cun demostrado coñecemento do tema. Literatura e […]
Xavier Queipo

A historia que se conta en Unha falsa luz é triste, coma triste foi a historia de España na meirande parte do século XX, que é o período que a triloxía recolle. E para contala escolleu Xavier Alcalá un punto de vista excéntrico, no senso non de estraño senón de apartado do centro, que é […]