Rosa Llorente

"Ela sentía que as palabras escintilaban no cuarto antes de que el as dixese…" A primeira frase deste libro podería reflectir á perfección a sensación que acompaña a lectura desta escolma de relatos. As palabras de Elena Poniatowska están cheas de luz, avanzar na lectura de cada historia é coma seguir o trenzado maxistral dunha […]

Dolores Vilavedra

A lectura dun epistolario sempre ten algo de exercicio de vouyeurismo. Pero as Cartas de vellos amigos que Xosé Neira Vilas foi recibindo ao logo de catro décadas son moito máis ca unha ventá dende a que debruzármonos en intimidades alleas. Os máis de corenta autores (e algunha autora) deste excepcional epistolario son, nin máis […]

Lois Caeiro

Non hai entre nós, penso, tradición de literatura memorialística nin tan siquera de contar desde a propia óptica personal experiencia ás que se asistiu como protagonista ou como obervador. Xa só por contribuir a romper esa barreira de carencia testimonial é importante este libro de Ceferino Díaz, referido ós días do "aldraxe", á longa e […]

Xosé Manuel Pacho

OBAOI A historia comeza coa aparición do corpo dun home asasinado nun tren. Homenaxe inequívoco ao xénero policial, pero no que Antón Risco permítelle ao lector facer súa a propia historia. Dende aquí, como se de raíces falasemos, nace a árbore da novela. Novela de escenarios tan diversos como París e Irún, Bos Aires e […]

Antón Riveiro Coello

Unha chiscadela lectora Temeroso de que alguén se cadra se poida asustar diante da monumentalidade enciclopédica da novela, non dubida o autor á hora de tecer, xa nas primeiras páxinas, unha arañeira que atrape o lector. Esa concesión, digámolo así, garda certo paralelismo con outra estratexia experimentada en Ébora, unha das novelas coas que Caneiro […]

Manuel Domínguez Rial

Hai moitos traballos escritos, aínda que non dabondo, pola importancia que a emigración representa en Galiza no socio-económico, no político ou no cultural, pero este, é un traballo esperado de profundo contido metafórico a partir de narracións autobiográficas de pacientes "relatos pechados, que non son capaces de dar conta de moita da riqureza experiencial da […]

An Alfaya

Como todo álbum de interese, Unha chea de familias responde ao formato, onde a presenza das imaxes é fundamental. O libro entra polos ollos e polo tacto a través das ilustracións creadas con enxeño e mestría por Rodrigo Chao. Debuxos de trazos limpos e cores nítidas, co predominio das figuras humanas axigantadas e deformadas, de […]

Francisco Castro

¡QUE ENVEXA! Había moito, en verdade moitísimo tempo que non gozaba tanto coa lectura dun libro como con esta revolución de Alfonso Álvarez Cáccamo. E como autor, o único que me queda é proclamar a miña envexa (agora quedará moi ben dicir iso de "san") diante da capacidade fabuladora do autor, que foi quen de […]