Héitor Mera

POR QUE NON APRENDO? Cando comeza a albiscarse algún problema na educación dos fillos/as, os pais e nais tenden a preocuparse. Os sentimentos son de inseguridade, medo e negación nalgúns casos… As dificultades da aprendizaxe son unha realidade lapidaria para moitos pais e nenos e ao mesmo tempo unha nebulosa, unha abstracción coa se senten […]

Francisco Castro

A Semana Santa foi para min Semana de Paixón, mergullado nas páxinas da ‘Antoloxía poética’ que preparou, sobre os versos de Lois Pereiro, Daniel Salgado. Versos que xa coñecía. Que xa lera e discutira e analizara e reflexionara. Mais nunca así, en xeito de peneirada proposta. Que arroxa nova luz. Como se xa fose pouca […]

Serafín Alonso

Adoptando unha estratexia expositiva de adecuación formal e de contido ao público mozo, o autor de Comedia bífida vai refutando algúns dos máis graves estereotipos galegófobos actuantes na nosa sociedade, facendo valer a súa experiencia de campo (anos de charlas, debates e actividades de normalización en colexios e institutos) á hora de desenvolver o seu […]

Xesús Domínguez Dono

O noso primeiro libro… de MEMORIAS Vénse de reeditar Memorias dun neno labrego. Vénse de reeditar o primeiro libro en galego do que teño conciencia, do que teño memoria. Este, como lle ocorreu a tantos outros fillos desta terra, foi o primeiro libro que lin na lingua dos Cunqueiros e Blancoamores, dos Codax e dos […]

'O armiño dorme' triunfa no Brasil

A novela, publicada na colección Costa Oeste, 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela. Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM […]

Francisco Castro

Esta é a terceira vez que deito os ollos nos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. A primeira vez foi naqueles xa afastadísimos tempos do instituto, cando estaba a inventarse a asignatura de Lingua Galega e o profesorado, daquela, transmitiunos, tamén, aquela idea da "santa chorona" que era, seica, a poeta de Padrón. Para iso […]

Andrea Ramos Queixas

O libro Chamádeme Simbad, escrito por Francisco Castro e ilustrado por Manel Cráneo, introdúcenos na enfermidade do alzhéimer que sofre o avó de Paulo, un neno de dez anos que non entende ben os cambios no comportamento do avó. A primeira parte móstranos o pai como unha persoa moi ocupada, sempre pendente do traballo a […]

Francisco X. Fernández Naval

Nacida en París pero residente en México, Elena Poniatowska é ben coñecida polo seu compromiso cos excluídos, describindo a traxedia, denunciando o abandono, combatendo a corrupción; literatura e crónica elaboradas cun estilo persoal no que a descrición dos feitos narrada a través de múltiples perspectivas ofrece a riqueza das ollada complexa e colectiva, constrúe un […]