Dolores Vilavedra

Categoría: Recensión

A lectura dun epistolario sempre ten algo de exercicio de vouyeurismo. Pero as Cartas de vellos amigos que Xosé Neira Vilas foi recibindo ao logo de catro décadas son moito máis ca unha ventá dende a que debruzármonos en intimidades alleas. Os máis de corenta autores (e algunha autora) deste excepcional epistolario son, nin máis nin menos, cós protagonistas da historia cultural galega da segunda metade do século XX. Sono todos os que están, os que nos falan dende estas páxinas, aínda que por suposto haxa moitos máis: velaí os tedes, tecendo a rede da resistencia, da nosa supervivencia como comunidade, aquén e alén mar. Blanco Amor e Manuel María, Celso Emilio e Carré, Tobío e Lueiro… O epistolario, pois, como documento valiosísimo que espella a complexa articulación do campo cultural galego no franquismo e na tranisición, pero que tamén narra a loita de quen foi o destinatario de todas estas cartas, Xosé Neira Vilas, por constituírse, contra vento e maré, como unha voz fundamental do noso discurso literario.

Comparte nas túas redes sociais ou por email