Manuel García Barros, insubmiso

O 28 de xullo publicouse no suplemento dominical de Diario de Ferrol, “Nordesía”, unha recensión de Armando Requeixo sobre A pluma insubmisa. Ensaios inéditos do escritor estradense Manuel García Barros. Un excelente traballo de recuperación, complementado cun documentado estudo por parte de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. García Barros, ou Ken Keirades, foi […]

Emma Pedreira “Bibliópatas e fobólogos”

Resulta complicado definir a nova entrega de Emma Pedreira, xa que o que nos presenta, sendo un libro de narrativa, escapa ás delimitacións habituais do xénero. “Bibliópatas e fobólogos” podería pasar por un libro de relatos, malia que por momentos semella que esteamos diante dun caderno de apuntamentos para un proxecto máis grande, ou dun […]

María Solar “Os nenos da varíola”

A nova novela de María Solar trae á actualidade un feito histórico sobre o que se ergue. Non estamos, a pesar de todo, diante dunha novela histórica ao xeito tradicional, senón perante un relato de ficción inspirado nun acontecemento real: a expedición encabezada polo doutor Balmis, médico persoal de Carlos IV, para levar a vacina […]

Armando Requeixo “Camiños na auga”

Se fose necesario “Un lugar no mundo” Manuel Núñez Singala é autor de ampla e sólida traxectoria. Un cuarto de século publicando narrativa, teatro e ensaio confírmano como unha referencia no panorama literario galego dos últimos lustros, nos que a súa escrita foi madurecendo e diversificándose. Un bo exemplo desta aposta pola exploración de novas […]

Mercedes Corbillón

Podería dar un bo feixe de razóns polas que debedes ler “Aqueles días en que eramos malas, pero só vos darei cinco: Inma, Mercedes, Margot, Valentina e Laura. Cinco nomes propios, cinco personaxes inesquencibles, profundos, contraditorios, cribles, adoecidos, cheos de arelas que nunca se cumpren, mulleres poliédricas, un pouco malas, un pouco tolas, un pouco […]

Xosé Monteagudo

“Os Kowa” está narrada polo personaxe que xa protagonizara unha novela anterior de Xavier Queipo, Malaria sentimental. Se naquela a peripecia sucedía en Camboxa, Os Kowa sitúase na selva amazónica. A novela comeza en Bruxelas, onde o narrador se interesa nun museo por un raro exemplar de bolboreta, do que se teñen poucos datos e […]

María Canosa

Todos coñecemos o título de Carlos Casares "A galiña azul". Pero… cantos aínda non o leron? Seguro que máis dos que imaxinamos, pese a que o libro xa se publicase por primeira vez no ano 1.968. A galiña azul non só se reduce a unha sinxela escolma de contos. É un canto á amizade e […]

Clara do Roxo

Na novela Maeström, Maelström, Manuel Sánchez Gálvez converte a Nemo nun Fausto na cidade, un home inmortal ás ordes do seu inimigo. Da súa man coñeceremos a evolución da cidade de Vigo, tan protagonista coma un personaxe principal, pero tamén os dilemas morais e a agonía do capitán, que ve marchar a seres queridos e […]