Mañá abrirase a matrícula para a IV edición da Escola de Letras

Hoxe presentouse, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a IV edición da Escola de Letras. Participaron, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de Letras, e os docentes Antonio García Teijeiro e Esther […]

Mañá presentamos a IV edición da Escola de Letras, en Vigo

Mañá, martes 7 de febreiro, celebrarase, ás 11:30 h, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación da IV edición da Escola de Letras. Participarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e da Escola de […]

A Editorial Galaxia publicará en setembro un novo libro de Domingo Villar

“SÍBARIS” verá a luz o 20 de setembro deste ano. A Editorial Galaxia publicará o 20 de setembro o libro inédito de Domingo Villar (Vigo, 1971-2022), “Síbaris”, unha obra de teatro que o autor vigués deixou rematada por completo e que entregou á Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza dramática protagonizada por […]

Galaxia publica “Feminismo en cen palabras”, de Luca Chao

A Editorial Galaxia suma un novo título á colección Feminismos coa obra da Doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento, Luca Chao,  Feminismo en cen palabras; un convite a pensar o mundo que nos rodea e a maneira que temos de nomealo. Estamos diante dunha obra que, dun xeito didáctico e ameno, presenta, en 100 […]

Hoxe celebramos o Centenario de Manuel Murguía

A editorial Galaxia quere sumarse á celebración do centenario da morte de Manuel Murguía, o 1 de febreiro de 1923, neste ano que se lle vai dedicar dende diversas institucións galegas, entre elas a Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro presidente ata o seu falecemento. Historiador, poeta, xornalista, crítico, narrador, axitador cultural,  Manuel […]

Arantza Portabales recibe o Premio de novela europea

A escritora Arantza Portabales recibiu onte no Casino de Santiago de Compostela o Premio novela europea traducida a outra lingua, na modalidade de lingua galega, polo seu libro Deixe a súa mensaxe despois do sinal, (Editorial Galaxia, 2017). Un prestixioso recoñecemento á traxectoria da autora. Portabales preséntanos a catro mulleres que loitan por saír adiante, contando […]

Xa está aquí “O home que matou a Antía Morgade”, de Arantza Portabales

A partir do 16 de febreiro, todas e todos os amantes da escrita de Arantza Portabales poderán mercar en todas as librarías de Galicia O home que matou a Antía Morgade, o novo caso os inspectores Abad e Barroso. Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada de […]