Presentación de “Lourenzá”, de Francisco Fernández del Riego, en Lourenzá

O martes 31 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, no Salón de Actos do Concello de Vilanova, a presentación do libro de Francisco Fernández del Riego, Lourenzá. Participarán no acto, Rocío López García, alcaldesa de Lourenzá, Manuel Román Ramos, estudoso da obra de Del Riego e historiador; e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Nesta […]
O luns celebramos o Día da Ilustración

A semana que vén celebraremos, o luns, o Día da Ilustración, un sector que a Editorial Galaxia apoia e pon en valor a través de publicacións ilustradas por profesionais do máis alto nivel. Dende a editorial unímonos á efeméride celebrando tamén o aniversario do nacemento de Castelao, e facémolo dun xeito moi especial, recomendándovos algunhas […]
Presentación de “Días de intemperie”, en Rianxo

O venres 27 de xaneiro, celebrarase, ás 20:30 h, no auditorio do Concello de Rianxo, a presentación de Días de intemperie, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, estarán Milagros Torrado, secretaria da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, vogal da A. C. Barbantia, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]
10 títulos da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 10 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultarou escollida a obra Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, de María do Cebreiro Rábade Villar, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio […]
O ano de Don Paco

Francisco Fernández del Riego, don Paco (Vilanova de Lourenzá, 1913- Vigo, 2010), dende os anos 30 desenvolveu un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros […]
A Editorial Galaxia estreará nova web hoxe

Hoxe, a editorial comezará a semana estreando unha nova páxina web. Esta proposta supón un salto cualitativo na nosa oferta editorial e no xeito de nos comunicar coas lectoras e lectores. Unha web máis intuitiva, rápida e preparada para que todas as persoas interesadas, poidan achegarse á nosa actualidade, dun xeito dinámico e fresco. A […]
Recomendacións poéticas para comezar o ano

Dende a Editorial Galaxia recomendamos algúns dos poemarios que engrosan a nosa colección Dombate. Unha colleita que aposta por coidar e fomentar a publicación poética galega. Luisa Castro presenta en Un amor antigo, o seu novo comezo como autora, un comezo que nos asoma á vertixe das emocións e as súas contradicións, deixándonos nese limbo de […]
Arantza Portabales publica nova novela en febreiro

A comezos de febreiro agardamos a chegada dun novo caso dos inspectores Abad e Barroso: O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Todos e todas as amantes da escrita de Portabales están de sorte porque a escritora, unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada […]