Onte inauguramos o primeiro obradoiro da IV edición da Escola de Letras, con Inma López Silva, en Vigo

Categoría: Nova

Onte celebramos a primeira sesión do obradoiro literario con Inma López Silva, en Vigo.

Acompañando a autora, estivo Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e a Escola de Letras.

Este curso foi o encargado de inaugurar a IV edición da Escola de Letras, un proxecto no que xa participaron máis de 500 persoas, dende o seu comezo.

O novo alumnado terá a oportunidade de aprender sobre literatura, estilo e narración, da man dunha das escritoras galegas máis destacadas. En cada unha das clases, as alumnas e alumnos traballarán as ferramentas estruturais do relato, desde cuestións argumentais e estilísticas, ata o tratamento dos personaxes, tempos e espazos.

Hoxe, celebrarase, ás 18 h, no Edificio Administrativo da Deputación Provincial, en Pontevedra, a inauguración do segundo obradoiro, coa docente López Silva.

O 7 de marzo, comezará o terceiro obradoiro desta edición, neste caso poético, coa docente Marta Dacosta, en Vigo.

Dende a Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra, abriremos durante estes meses o período de inscrición para os vindeiros cursos. Anunciaremos as datas de matriculación dos mesmos a través da nosa páxina web e redes sociais.

OBRADOIRO LITERARIO EN VIGO CON ESTHER CARRODEGUAS

Días: 3, 10, 18, 24, 31 de maio

OBRADOIRO DE POESÍA EN PONTEVEDRA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Días: 3 e 10 de maio

OBRADOIRO LITERARIO EN PONTEVEDRA CON DIEGO GIRÁLDEZ

Días: 12, 19 e 26 de setembro; 2, 9, 16, 23, 30 de outubro

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia é a primeira de Galicia e un dos poucos proxectos deste tipo existentes no Estado español. A iniciativa, que naceu o pasado ano 2020, busca fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun variado abano de obradoiros , de novela, relato ou poesía, para todas as idades.

Comparte nas túas redes sociais ou por email