Convócase o VI Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]

Galaxia trae ao galego “Cabalgaremos toda a noite”, de Carlota Gurt

A Editorial Galaxia publica, na colección Costa Oeste, o libro merecente do Premio Mercè Rodoreda 2019, Cabalgaremos toda a noite, de Carlota Gurt. Traducido ao galego por Eduard Velasco. A autora, debuta na literatura con este talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda […]

“Son unha nena” engrosa a colección Feminismos de Editorial Galaxia

Publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, coa colaboración da Universidade de Vigo, Son unha nena. Sufrirerei discriminacións e violencia sexual?, coordinado por Yolanda Rodríguez Castro e María Lameiras Fernández, formula unha análise das diferentes formas de expresión da violencia sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas ocasións […]

O regreso de Lois Dieguez

Chega estes días ás librarías As voces amadas, a nova proposta literaria de Lois Dieguez tras 12 anos de silencio narrativo. Regresa así, Lois Dieguez a casa, pois foi no ano 1968, na hoxe mítica colección Illa Nova de Galaxia, cando fixo o seu debut coa novela A torre de Babel, aquela iniciática   historia con […]

Galaxia publica “Os mestres mortos daquel verán”, de Narciso de Gabriel

A Editorial Galaxia suma un novo título á colección Memoria Histórica con Os mestres mortos daquel verán, de Narciso de Gabriel. Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e […]

María Rei Vilas recibe o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca

María Rei Vilas recibiu, na tarde de onte, o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020.  «Concebina como unha ponte entre xeracións entre a miña avoa e as miñas fillas, e agora péchase o círculo. Nunca pensei que chegara a un público tan […]