Xa nas librarías “A historia de Sara”, o libro máis persoal de Francisco Castro

A historia dunha nena de 6 anos, contada por ela mesma, sobre un asunto atroz. A historia de Sara, de Francisco Castro, ilustrado por Luz Beloso, é un libro singular de difícil definición. A historia está contada por unha cativa de 6 anos, na linguaxe dunha nena tan pequena, nun uso da linguaxe como o […]
Marilar Aleixandre e Domingo Villar, destacados polo Consello da Cultura Galega en 2022

Esta semana deuse a coñecer un adianto da quinta entrega do Barómetro da Cultura Galega que elabora anualmente o Consello da Cultura Galega a través dunha enquisa na que participan máis de 1000 xestores galegos aos que se lles pide que valoren o máis importante da cultura galega durante o ano 2022. Salientamos que, no […]
Onte inauguramos o primeiro obradoiro da IV edición da Escola de Letras, con Inma López Silva, en Vigo

Onte celebramos a primeira sesión do obradoiro literario con Inma López Silva, en Vigo. Acompañando a autora, estivo Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia e a Escola de Letras. Este curso foi o encargado de inaugurar a IV edición da Escola de Letras, un proxecto no que xa participaron máis de 500 persoas, dende […]
Mañá comeza o Obradoiro, con Inma López Silva, da Escola de Letras, en Vigo

Mañá, a IV edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, comeza co Obradoiro Literario, coa docente Inma López Silva, na cidade de Vigo. As sesións celebraranse os días 1, 8, 15, 22 e 29 de marzo; 12, 19 e 26 de abril; na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo (Rúa […]
Presentación de “Feminismo en cen palabras”, en Santiago de Compostela

O martes 28 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Lila de Lilith, en Santiago de Compostela, a presentación de Feminismo en cen palabras, de Luca Chao. Acompañando a autora, estarán a escritora Marilar Aleixandre, María Obelleiro, escritora e xornalista, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A Editorial Galaxia suma un novo título […]
O ano de Don Paco na Editorial Galaxia

Co gallo do día das Letras Galegas, Editorial Galaxia publicará máis dunha ducia de textos, incluídos dous libros inéditos do autor, e participará nunha exposición itinerante sobre a súa vida e obra, por toda Galicia. Neste 2023 o noso país celebra o día das letras galegas dedicándollo a Francisco Fernández del Riego, un dos nosos […]
Propoñen a Fina Casalderrey ao Premio Hans Christian Andersen

A escritora Fina Casalderrey é, dende hai anos, unha das grandes referencias da literatura infantil nacional. Pola súa traxectoria, foi proposta para gañar o Premio Hans Christian Andersen, o máis alto recoñecemento internacional que se concede a unha autora viva, tamén coñecido como o “Nobel da Literatura Infantil”, que concede IBBY dende o ano 1956, […]
Editorial Galaxia celebra o 50 aniversario de Fuxan os ventos cun libro de Mero Iglesias

Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Mero Iglesias, é o libro encargado de festexar 50 anos de música e cultura, un verso en homenaxe e lembranza de amizades cantoras. Iglesias quixo reflectir as súas memorias, dos 50 anos de Fuxan os Ventos e da música daqueles anos importantes da recente historia […]