Desde 1967, o día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do grande escritor danés Hans Christian Andersen, celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa finalidade de promocionar os libros infantís e xuvenís así como a lectura entre os máis novos.
Galaxia iniciou a súa emblemática colección infantil Árbore no ano 1989, daquela ao coidado de Antonio García Teijeiro, Mª Victoria Moreno e David Otero. Van alá case 300 títulos desta colección onde figuran os máis senlleiros dos nosos autores e autoras, de Paco Martin a Antía Yañez ou de Fina Casalderrey a Carlos Casares. Mais tamén coñecidos autores estranxeiros: Ruyard Kipling, Saint-Exupéry ou John Steinbeck.
Costa Oeste, a nosa colección xuvenil, iniciouse no ano 1997, cunha novela que hoxe xa é un clásico das nosas letras, Anagnórise de Mª Victoria Moreno. Editáronse preto de 150 títulos na actualidade, tanto galegos como estranxeiros: de Christine Nöstingler, Xesús Fraga, Marilar Aleixandre, Jordi Sierra i Fabra ou María Solar entre moitos outros e outras.
Non podemos esquecer tampouco ao feixe de ilustradores e ilustradoras que coa súa arte fan que as lecturas resulten atractivas para o lectorado. Ou dos músicos e musicas que coas súas cancións fan cantar e bailar aos mías novos.
A nosa lingua precisa con urxencia lectores e lectoras, e o único xeito de facelos é dende que son moi novos, con lecturas de calidade. E nese compromiso irrenunciable está a editorial Galaxia.