Presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, en Bueu

O xoves 13 de abril, celebrarase, ás 19 h, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu, a presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales, organizada pola libraría Miranda de Bueu. Acompañando a autora, estará Tensi Xesteira (Lecturafilia). Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha […]

Laura Cid Rascado gaña o III Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”

Hoxe, na Estrada, reuniuse, na casa de Xuntas da Casa do Concello, o xurado da III edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, formado por Tamara Andrés, poeta, Armando Requeixo, crítico literario, Óscar Villán, ilustrador, Carlos Loureiro, exercendo de secretario, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. Despois de […]

Harry Potter, entre as coleccións máis vendidas do mundo

A saga Harry Potter acada máis de 500 millóns de libros vendidos en todo o mundo, dende que J. K. Rowling deu a coñecer, en 1997, ao mago máis famoso do mundo co seu primeiro Harry Potter e a pedra filosofal. Despois de ser rexeitada por distintas editoriais, o fenómeno Harry Potter fíxose realidade, acadando un oco […]

80 aniversario de O principiño

O principiño está de aniversario este 6 de abril e malia os 80 anos que cumpre está tan noviño coma sempre, e segue a cativar coa maxia das súas palabras e ensinanzas a lectores e lectoras de todas as idades. A obra de Antoine de Saint_Exupèry cos debuxos orixinais do seu autor foi traída ao […]

4 libros de Editorial Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas do Libro Galego

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa derradeira fase de selección escollendo 4 títulos da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Estes galardóns, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2022, escolleron aos seus finalistas para esta octava edición que suman trinta e nove candidato/as entre […]

Galaxia no Día da LIX

Desde 1967, o día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do grande escritor danés Hans Christian Andersen, celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa finalidade de promocionar os libros infantís e xuvenís así como a lectura entre os máis novos. Galaxia iniciou a súa emblemática colección infantil Árbore no ano […]

Galaxia publica en banda deseñada “A batalla de Rande”

Baixo a batuta de David Braña, Pablo Prado leva á banda deseñada a famosa Batalla de Rande, unha obra que sitúa este episodio histórico, como un dos fitos navais da nosa biografía nacional. Publicado paralelamente en castelán e galego, en Editorial Galaxia, coa colaboración do Concello de Redondela, este cómic recrea un dos momentos bélicos […]