Galaxia celebra o Día do Libro 2023

O día 23 é o Día do Libro e, na Editorial Galaxia, queremos poñer en valor esta efeméride que celebramos todos e cada un dos días do ano. Os libros son eses obxectos queridos que nos permiten soñar, descubrir, imaxinar, aprender, coñecer outros pensamentos, ou personaxes inesquecibles. Ler é un acto revolucionario e nestas datas, […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Ferrol

Mañá, venres 21 de abril, comezará a Feira do Libro de Ferrol, a primeira nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 23, día do libro. Celebrarase na Praza da Constitución da cidade. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos: Venres 21, ás 17:30 h. Espectáculo musical infantil e familiar con […]

No centenario de Antía Cal

O 18 de abril de 1923 nacía na Antía Cal na Habana, a onde os seus pais emigraran dende Muras.  Volveu a Galicia coa súa familia de nena. Estudou o bacharelato na Coruña, despois de facer Maxisterio e estudos de Comercio, ingresará na Universidade de Santiago onde se licenciará en Filosofía e Letras (1945), especializándose […]

Presentación de “A historia de Sara”, no Carballiño

O martes 18 de abril, celebrarase, ás 20:30 h, na tenda OZOCOgz deseño galego, no Carballiño, a presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando o autor e a ilustradora, estará o escritor Miguel Anxo Fernández. A historia dunha nena de 6 anos, contada por ela mesma, sobre un asunto […]

O esperado regreso de Magín Blanco

Magín Blanco volve co seu novo libro-disco, publicado na colección Sonárbore de Galaxia, Caderno de cores e cancións, ilustrado por Sonia García. Este libro supón o regreso de Magín Blanco ás tendas de discos e librarías de Galicia logo duns anos de silencio. Un diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades. […]

Hoxe ábrese a matrícula para os novos obradoiros da Escola de Letras

Xa están abertas as matrículas para todas as persoas que desexen participar nos novos obradoiros impartidos por Antonio García Teijeiro e Esther F. Carrodeguas. Só están abertas as matrículas para estes dous obradoiros. Para o vindeiro, abrirase o prazo de inscrición durante o transcurso da edición. Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, […]

Mañá abrirase a matrícula para os novos obradoiros da Escola de Letras

A Escola, abre, mañá, venres 14 de abril, ás 8 da mañá, o prazo de matriculación para todas as persoas que desexen participar nos novos obradoiros impartidos por Antonio García Teijeiro e Esther F. Carrodeguas. Só estará aberta a matrícula para estes dous obradoiros. Para o vindeiro, abrirase o prazo de inscrición durante o transcurso da edición. […]